Que a música é cultura, alegría e proporciona benestar é algo obvio e, en ocasións, pode resultar inaccesible para a cidadanía por diferentes motivos. Desde o ANPA da Escola de Música de Moaña queren facilitalo ofrecendo 130 prazas en talleres impartidos por profesionais e que arrincarán a partir da primeira semana de outubro.
A oferta é variada, desde música para bebés para que, con axuda dos seus pais, poidan experimentar as sensacións sonoras. Trátase do curso estrela desta edición que xa se facía anteriormente e que se volveu a recuperar polo seu gran éxito. Tamén haberá formativo de hip-hop, clases de Pequedance» (nenos de entre 6-8 anos) e «Musicaventuras» (3-5 anos). Todos estes cursos teñen un prezo de 40 euros ao trimestre.
Tamén ensinarán batería e guitarra, neste caso crearanse grupos reducidos diferenciados por nivel e por idade cun custo trimestral de 65 euros por persoa.
Estes obradoiros, que contan coa colaboración económica da concellería de Cultura de Moaña, non contan con titulación oficial pero están impartidos por profesionais da música. Os interesados en anotarse poidan facelo a partir deste mércores, data de apertura de matrículas.