Tiran pedras esta madrugada á vivenda na que reside o párroco de Cangas, Don Severo Lobato. Así o confirma el mesmo a Morrazo Noticas, asegurando que ás 3.30 horas espertoulle o ruído do impacto sobre a fachada lateral e traseira provocando a rotura de «un par de cristais». Don Severo asegura non ver «a ninguén» nin sospeitar «de quen ou quenes puideron ser os autores e, aínda que non presentou denuncia ante a Garda Civil ata o momento, se ten pensado facelo. Os axentes compareceron esta madrugada na vivenda tras ser alertados polo párroco que describe as pedras como «do tamaño dun puño».
«Non teño medo, aínda que non significa que me dea igual», asegura. Iso si, recoñece que a habitación sobre a que tiraron as pedras é a que ocupan os seus pais cando están con el na vivenda.