Os Bombeiros do Morrazo sacaron hai apenas uns minutos o cadáver dunha muller de avanzada idade que se atopaba flotando preto de Cabo Udra, en Beluso, Bueu.
Segundo informan fontes oficiais, varias persoas que se atopaban camiñando pola contorna da praia de Ancoradoiro, na Mourisca, avistaron o corpo na auga e alertaron aos servizos de emerxencias. Á chegada dos bombeiros, que se meteron na auga para rescatar o cadaver, comprobaron que se trataba dunha muller maior que, polo seu estado, non levaba moito tempo no mar.
Unha vez sacado o corpo e depositado nas rocas, a Policía Local está a tratar de identificar á vítima. De momento descoñécese se é veciña da zona e que puido ocorrerlle.
Ademáis de Bombeiros do Morrazo e Policía Local, ata o lugar achegouse aGarda Civil e dos Bombeiros. Do mesmo xeito, foron informados o persoal de Salvamento Marítimo e do Servizo de Garda Costas de Galicia.