Un amplo dispositivo de procura en Cangas acabou coas mellores das noticias. Desde primeira hora da tarde un operativo composto por Garda Civil, Protección Civil e Policía Local, apoiados por drons e cans, peitearon a contorna da Rúa, A Pedreira e Coiro en busca dun home, duns 50 anos e veciño de Coiro, que permanecía desaparecido desde a mañá. Foi un compañeiro seu de traballo co que quedara o que deu a voz de alarma ao non presentarse á cita a pesar de que o seu coche estaba parado na Rúa.

Finalmente, e tras varias horas de procura, o home apareceu en bo estado. Descoñécense os motivos da ausencia.

A furgoneta e o punto onde tivo lugar a búsqueda.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *