Os nenos utilizando o timón da mostra.

«Precioso, impresionante», así define o presidente da asociación Devanceiros do Mar, Cristóbal Cordeiro, a experiencia que está a vivir desde que se inaugurou a exposición marítima no alto da praza de abastos de Moaña. Aínda que non teñen un reconto exacto, calcula que por ela pasaron xa ao redor de 5.000 persoas. «A afluencia de público é bestial, non para de entrar xente e as fins de semana está cheo», explica este moañés afeccionado ao mar e á historia marítima de Moaña.

Os nenos de Reibón onte tras pasar pola mostra.

Ademais de familias e persoas a nivel individual, polo alto da praza pasan tamén estes días os nenos dos colexios de Moaña. Onte fixérono 60 menores do colexio Reibón que, durante algo máis dunha hora, puideron interactuar con gran parte dos obxectos expostos e coñecer dunha forma didáctica para que se utilizaban.

Usuarios do centro de día Contigo.

Pero non só eles, tamén os maiores teñen a posibilidade de gozar da exposición. Usuarios do centro de día Contigo tamén pasaron esta semana pola mostra e hoxe está previsto que o fagan os da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Afamo).

Ante tal éxito, Devanceiros e Concello decidiron ampliar o tempo de estancia da exposición ata o 7 de novembro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *