Entrega do inventario das pezas.

As concelleiras Beatriz Rodríguez e Cristina Acuña recibiron de mans do arqueólogo Juan Castro, de Anta da Moura, un informe no que se detalla o inventario completo das máis de 500 pezas que forman parte do fondo municipal do Museo Manuel Torres.

Tal e como comentou Juan Castro, “inicialmente estas pezas atopábanse na Biblioteca, pero despois pasaron aos fondos museísticos”. O arqueólogo aclara que as pezas “proveñen de distintas partes do Concello vinculados a xacementos arqueolóxicos pero que non teñen que ver con exacavións arqueolóxicas, senón que foron achegas de veciños e demáis que aparecían ao longo do tempo”.

O valor histórico destas achegas radica na información que aportan dalgunhas épocas da historia de Marín, desde o Paleolítco ata o mundo contemporáneo. “Era imprescindible clasificar estas pezas, inventarialas e telas en condicións de ser consultadas polos investigadores que teñan interese”, asegura o experto.

Entre as máis de 500 pezas que se inventariaron, destasca o material cerámico, pero tamén a pedra, os metais… “Hai materias que aínda que non teñen contexto arqueolóxico son moi interesantes, como uns romanos que apareceron en Portocelo e que debían pertencer probablemente a un antigo asentamento romano que debeu extir por esa zona”, apunta Castro.

Ademais, documentáronse algunhas pezas singulares, como unha ánfora romana que apareceu no mar e está prácticamente completa e que se pode ver no Museo, distintos fragmentos de muíños circulares, típicos dos castros, ou varias anforetas de india.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *