A foto das autoridades cos alumnos autores do documental.

Tras a realización dunha curtametraxe sobre a historia da Canteira do Cocho titulada “Buscarlle o ser”, o alumnado de 4 º do colexio da Guía de Moaña convidou a Alcaldesa da localidade, Leticia Santos, á visualización do documental no colexio e solicitaron a colocación no areal, ubicados a poucos metros do centro, dun panel informativo cun código QR que enlaza ao visionado de dito documental.

Nesta visita, á que tamén acudiu a Tenente de Alcaldesa, Marta Freire, e a Concelleira de Ensino, Dolores Chapela, a Alcaldesa trasladoulles as crianzas que desde o Concello se instalaría un panel informativo para a difusión da iniciativa.

Así, no día de hoxe procedeuse a instalación do panel informativo no acceso á praia do Cocho co fin de que se poida visualizar o documental realizado polo alumnado e coñecer un pouco máis da historia da Canteira do Cocho e da súa contorna a través do código QR que figura no panel.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *