O alcalde cos nenos na andaina.

Cada familia aportou un alimento que será distribuido por Servizos Sociais

O alumnado do CIP Plurilingüe de Riomaior participou esta mañá nunha Andaiana Solidaria polas Salinas, unha actividade que pon o broche final ao seu ciclo de Impacto na Contorna, no que traballaron durante os últimos meses diferentes proxectos vinculados ao coidado do medio, a convivencia e a responsabilidade social.

A xornada estivo coordinada polo servizo de Emerxencias e Protección Civil de Vilaboa, que velou en todo momento pola seguridade da cativada ao longo do percorrido, garantindo un desenvolvemento seguro e ordenado da actividade.

O alcalde acompañou ao grupo nun tramo da camiñada, animando ao alumnado a ser solidario, coidar do seu entorno e desfrutar dun espazo tan singular como As Salinas, un dos enclaves naturais máis valiosos do municipio.
´
Como parte desta iniciativa, cada familia realizou unha aportación dun quilo de alimentos, que serán entregados ao departamento de Servizos Sociais municipal para a súa distribución entre as persoas e fogares que se atopan en situación de emerxencia.

A actividade combinou educación ambiental, convivencia e solidariedade, reforzando o compromiso do centro educativo coa comunidade e co territorio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *