Candidatura do PP na provincia.

Di que o 12 de xullo hai que elixir entre un equipo que demostrou que sabe xestionar e que vai traballar desde o primeiro minuto, ou unha suma de catro partidos

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, pon en valor a lista que presentan pola provincia para as eleccións autonómicas do 12 de xullo, unha candidatura forte, unida, con gran peso político e, sobre todo, preparada para traballar por Galicia e pola provincia de Pontevedra.

“Un equipo preparado para xestionar desde o minuto un, sen perder o tempo no innecesario e sen improvisacións”, destaca. Nesta liña, di que a candidatura de Pontevedra “está encabezada polo mellor candidato que podíamos ter, e conta con representantes de todas as comarcas da provincia”. Así, ademais de incluír a todos os conselleiros e altos cargos do último mandato, “porque son persoas que fixeron un gran traballo tanto antes como durante a crise
sanitaria”, a lista tamén pon en valor o municipalismo, e por iso “inclúe concelleiros e persoas que saben ben o que é a política de proximidade”.

Rueda entende que é momento de aportar respostas e de facer propostas, e de poñer en valor toda a xestión da Xunta durante estes meses, nos que tivo a capacidade de anticiparse, reaccionar e actuar. “Os cidadáns deberán elixir entre que goberne Feijóo cunha cuarta maioría absoluta, que demostrou que sabe xestionar e que vai traballar desde o primeiro momento en xestionar as consecuencias sociais e económicas da pandemia, ou deixar o futuro de Galicia e dos galegos a unha suma de ata catro partidos”.

Nesta liña, incide en que “somos o partido que máis se parece a Galicia pero tamén o que máis defende a Galicia. Ademais, estes tres meses demostraron a necesidade de ter un proxecto serio e sólido para ofrecer certezas e confianza”.

CANDIDATURA
1- ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO
2- CORINA PORRO MARTÍNEZ
3- ALFONSO RUEDA VALENZUELA
4- JESÚS VÁZQUEZ ALMUÍÑA
5- MARÍA GUADALUPE MURILLO SOLÍS
6- ROMÁN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
7- VALERIANO MARTÍNEZ GARCÍA
8- JOSÉ MANUEL CORES TOURÍS
9- MARTA MARÍA FERNÁNDEZ-TAPIAS NÚÑEZ
10- MARÍA ELENA SUÁREZ SARMIENTO
11- JOSÉ ALBERTO PAZOS COUÑAGO
12- SILVESTRE JOSÉ BALSEIROS GUINARTE
13- MARÍA NAVA CASTRO DOMÍNGUEZ
14- TERESA EGERIQUE MOSQUERA
15- MARÍA FELISA RODRÍGUEZ CARRERA
16- MANUEL SANTOS COSTA
17- MOISÉS RODRÍGUEZ PÉREZ
18- BELÉN CACHAFEIRO ANTA
19- FERNANDO PÉREZ DOMÍNGUEZ
20- ANA CRISTINA PÉREZ CABALEIRO
21- MARÍA DOLORES HERMELO PIÑEIRO
22- GUILLERMO JUNCAL PEÑAS
Suplentes:
1- ALBERTO ACUÑA CRESPO
2- MARÍA ISABEL COUSELO TORRES
3- MARÍA VANESA ALONSO GÁNDARA
4- CARLOS MANUEL MARTÍNEZ NOGUEIRA
5- ISMAEL GIRÁLDEZ LAGE

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *