Antigo mercado de Cantodarea.

Investiranse máis de 116.000 euros nesta actuación, con cargo ao remanente de Tesourería

A Xunta de Goberno local aprobou esta semana a adxudicación do proxecto de
demolición do antigo mercado de Cantodarea, un exemplo de feísmo neste barrio
marinense, ao tratarse dunha construción medio derruida que, coa súa
desaparición, permitirá mellorar a estética xeral do espazo.

A construción deste edificio prantexouse en 1964 para Mercado de Abastos.
Consta dunha planta de baixo rasante, unha planta baixa e outra alta. A estrutura
está formada por muros de formigón e piares, con vigas de gran canto e losas.
A obra será realizada pola empresa EC Casas por un importe de 116.666,41 euros,
unha inversión que se realizará con cargo ao remanente de Tesourería co que
conta o Goberno local, que se está a repartir en distintas actuacións relevantes
para a vila marinense, como a reforma do primeiro andar da Casa do Mar para
convertela nun Centro de Día ou a pavimentación de Ponteporto.

Este proxecto suporá un importante cambio na imaxe desta parte de Cantodarea,
xa que coa demolición do antigo Mercado iniciarase un proceso de urbanización e
embelecemento da parcela. Dada a parte de sótano que ten o edificio, será
preciso realizar en recheo para chegar á altura da beirarrúa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *