Adicam acaba de inaugurar unha exposición de pintura que leva o nome de “Trazos” e que pertence a artista María Casas, unha muller de Moaña que comezou fai pouco no mundo da pintura pero descubriu que era unha actividade que a relaxaba e lle facía moito ben .
Ata fai 4 anos dedicaba a súa vena artística a fotografía pero fai catro anos nun curso de arte contemporáneo descubriu o mundo dos pinceis, a máis concretamente do acrílico. Agora dedica todo o tempo que pode a realizar estas magnificas obras de arte .
Despois de estar en varios talleres de pintura agora pinta de forma autónoma aínda que conta con persoas o seu redor que a orientan e a acompañan nesta actividade que agora énchelle por completo .
O evento estivo amenizado polas pandereteiras de Adicam, todas alumnas do taller de pandeireta de Adicam. Moitas de elas comezaron en Adicam tocando este instrumento totalmente de cero e hoxe están aquí para amenizarnos a velada con gran soltura Tamén grazas a Sara Malvido por tantos anos como leva ensinando as mulleres de Adicam a tocar a pandeireta, e tamén a pasar ratos afables e agarimosos cada luns na Casa da Bola