Adicam celebrará este sábado 22 unha nova edición da súagala solidaria no auditorio Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas. Terá lugar ás 21:00 horas.
Esta prevista a participación do coro María Soliña, Boombox-Danza Urbana, a charanga «Marcha Tola», Nuno Poonce e Santervás. Estará presentado por Peter Punk Pallaso. «Como cada ano estamos moi agradecidos na participación desinteresada de todos os artistas que fan posible o evento», manifestan dende a asociación.
Durante o evento sortearanse un cadro pintado polos alumn@s de Adicam.
Os interesados e interesadas en asistir poden facerse coa entrada (5 euros) na taquilla do auditorio unha hora antes do evento. Ademais, Adicam conta con fila cero Mediante Bizum (ID03796).