Os novos responsables tras ser elexidos polos socios de Fecimo.

As Asociacións locais de Moaña, Cangas e Bueu renovación os cargos ás Xuntas Directivas na noite de onte no salón de actos de Fecimo

A sede da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo acolleu onte día 30 de xaneiro a celebración da elección dos Presidentes e demais membros que conforman as novas Xuntas Directivas das Asociacións locais, e a elección dos membros que representarán ás asociacións nos órganos de Goberno da Federación nunha Asemblea Xeral Extraordinaria.

Despois dos procesos electorais nas asociacións locais, procedeuse ás renovacións de directivas para os vindeiros catro anos, en ACICA, ACIMO e ACIBU onde foron elixidas as novas presidentas e presidente. As novas Presidentas e presidente, electos co respaldo da Asemblea Xeral, son: María del Carmen Pereiro Casas en ACICA, Tatiana Chapela Rodríguez en ACIMO e Eugenio Blanco Juncal en ACIBU.

Unha vez realizada esta elección, en breve celebrarase Asemblea Electoral de FECIMO co fin de elexir ao Presidente/a da Federación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *