Esta contía sae tanto das subvencións nominativas, que foron rubricadas entre os representantes das entidades e a alcaldesa, María Ramallo, así como do resto de gastos de colaboración que se invisten en actividades para recadar fondos
Os concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín presentaron xunto con Cristina Souto e Manuel Solla, directivos de Acemas, as actividades de Nadal impulsadas pola asociación de comerciantes para dinamizar a parroquia durante os principais días das festas.
No día de Noiteboa, o 24 de decembro, de 17.30 a 18.30 horas Papá Noel percorrerá as rúas de Seixo repartindo caramelos e despois sentarase na Praza de Abastos para estar cos máis pequenos e recoller as súas cartas. Haberá tamén actividades de maquillaxe, globoflexia e pintado de unllas de Nadal.
O 27 de decembro, a partir das 12.00 horas, na Casa de Cultura de Seixo, teremos títeres e contacontos con Tarabelos, e o 30, a partir das 12.00 horas, tamén na Casa de Cultura, a actividade será a maxia e a diversión co mago Popín Palomero.
Finalmente, o 3 de xaneiro a partir das 17.30 horas haberá Cine de Nadal no Cine de Seixo.