As obras de O Forte estarán terminadas antes do 31 de xullo, tal e como estipula o contrato. A empresa, que tivo que empezar os traballos máis tarde do acordado polos problemas xerais de subministración, asegura que a pesar do atraso están en data e que a finais deste mes quedará acabada. A alcaldesa, Victoria Portas, visitou a zona nas últimas horas para comprobar o seu desenvolvemento.
O obxectivo desta reforma é eliminar as barreiras arquitectónicas que aínda quedaban no paseo e nos accesos ao areal desde a PO-551. Eliminaranse as lastras do paso de peóns e conectarase coa Avenida de Ourense, o que permitirá eliminar o risco para os peóns, especialmente aqueles que necesiten dunha cadeira de rodas, ao verse obrigados a cruzar fose do cebreado. Tamén se acabará cos borillos de formigón e os chanzos que había neste punto do barrio de O Forte.
Para a alcaldesa, esta é unha obra imprescindible para completar a accesibilidade no areal e toda a contorna de Rodeira. De feito, esta praia conta con todos os medios posibles para as persoas con discapacidade.
Neste momento a empresa xa se atopa instalando a pedra.