Os menores unha actividade do campamento de 2019.

As familias que queran inscribir os seus fillos nos campamentos de verán de Moaña poderán facelo desde mañá e ata o 25 de xuño. Despois, só será posible se sobran prazas ou ben no campamento inclusivo de verán para o programa Ven e Xoga ou o resto do mes de xullo na cMo Casa da Mocidade.

As actividades estarán divididas en tres bloques. O primeiro, Ven e Xoga, para nenos de 4 a 12 anos que terá lugar na ludoteca inclusiva de verán no Ceip Seara. Neste caso a inscripción farase na ludoteca de Moaña. Non así para as outras, que terá que facerse na Casa da Mocidade. Multiaventura será para nenos de 8 a 21 anos e inclúe deportes náuticos e roteiros que se farán maioritariamente no porto deportivo de Moaña. Por último, Ocio e Tempo Libre para menores de entre 8 e 16 anos para diferentes actividades complementarias como campamentos científicos, informática e robótica, cociña, campamentos artísticos, teatro, xadrez…

Nestas campamentos inclúese o programa Adapta Moaña, que consiste nun punto de información e de axuda ás familias de persoas con diferentes capacidades, de rapazada entre 4 e 21 anos. Para os que queran realizar un itinerario lúdico adaptado persoal (analizando caso a caso e intentando facilitar os medios posibles) nestas actividades poderase contactar con este programa no teléfono e whatsaap 649 6839 23 ou no correo electronico: igualdade@concellodemoana.org.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *