La empresa instalando en A Brea la iluminación led.

O Concello de Marín iniciou esta semana a obra consistente na renovación total da
instalación do alumeado público na zona da A Brea – Ameal, unha actuación que se
enmarca no esforzo que está a realizar o Goberno local na substitución do alumeado
público da vila por novas alternativas máis eficientes.

Segundo explicou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, “con este proxecto
aumentamos practicamente ao dobre os puntos de luz existentes. Con iso conseguiremos
mellorar substancialmente a visibilidade na estrada na que se vai actuar, unha demanda
moi importante pola seguridade viaria que conleva a súa execución”.

Así, as luminarias pasarán a contar con tecnoloxía LED, redundando así en mellores
cifras de aforro enerxético. Tamén haberá unha renovación dos cadros de alumeado e
unha mellora estética dos puntos de luz.

O prazo de execución da obra será de 45 días e a execución dos traballos será levada a
cabo pola empresa SETGA, por un importe total de 30.250,00 euros.

Con este proxecto, o Concello avanza na mellora da eficiencia enerxética da
iluminación pública, un obxectivo moi importante que ten marcado o Goberno local,
pero que neste caso vese reforzado pola necesidade de dotar a esta infraestrutura viaria
do rural dunha mellor visibilidade e, por tanto, de máis seguridade para a mobilidade da
veciñanza.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí