Ambulancia a las puertas del centro de salud de Cangas.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado da directora da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Adriana Regueira, mantivo unha xuntanza esta mañá coas alcaldesas de Cangas, María Victoria Portas Mariño, e Moaña Leticia Santos Paz. No transcurso deste encontro, o titular da sanidade galega reafirmou o compromiso da Xunta coa mellora da atención sanitaria na comarca do Morrazo, coa construción dun Centro de Integral de Saúde (CIS) en Cangas e un novo centro de saúde en Moaña.

No referido ao CIS, din que a Consellería vai achegar ao concello o Plan Funcional que ven de ser aprobado pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, agardando da administración local a posta a disposición do Sergas dunha parcela axeitada para as dimensións do centro proxectado en dito Plan: preto de 5.000 metros cadrados e con áreas de urxencias, telemedicina e imaxe médica avanzada, saúde bucodental, saúde mental, saúde da muller, hospitalización a domicilio ou espazo para asociacións de pacientes e para o desprazamento de especialistas do hospital.

En canto ao centro de saúde de Moaña, explican, que ten o proxecto básico para a construción aprobado e no que xa iniciaron os trámites urbanísticos para obter a licenza de obra, estase pendente da cesión dunha parcela por parte do concello moañés para executar un novo centro de máis de 3.500 metros cadrados que incrementaría as consultas de adultos e pediátricas, ademais de incorporar salas de telemedicina ou ecografía e salas polivalentes que poderían ser utilizadas como PAC mentres no se puxera en marcha o PAC unificado do Morrazo no Centro Integral de Saúde.

Ambas actuacións atópanse reflectidas como prioritarias no Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria que o Consello da Xunta aprobou o pasado outubro e xorden dun detallado estudo encargado polo Sergas no ano 2017 que deu como resultado un Plan de Necesidades para a atención primaria do Morrazo, coa proposta destas dúas actuacións que necesitan da colaboración dos concellos para poder concretarse definitivamente.

Transporte sanitario urxente

Un dos temas que centrou a xuntanza foi o servizo de trasporte sanitario urxente, que no caso de Cangas e Moaña, están incluídos no da área de Vigo. Esta área consta de dunha ambulancia de soporte vital básico con base en Cangas e outra en Moaña, ambas operativas 24 horas, ademais doutras, 6 ambulancias de soporte vital básico e unha ambulancia de soporte vital avanzado medicalizada, con base en Vigo. Tamén en caso de necesidade mobilízase un dos dous helicópteros sanitarios, con base en Ourense e Santiago para prestar asistencia sanitaria de emerxencia na comarca. En canto as cifras de de servizos anuais, os datos son practicamente idénticos nos últimos anos: unha media de 8,9 servizos ao día en 2021 no concello de Cangas (8,6 no ano 2020) e en 4,9 (4,5 no 2020) en Moaña, cumprindo en todo momento cos tempo previstos para as ambulancias, dotadas con persoal formado e desfibriladores.

En canto ás emerxencias na comarca, entendendo como tales aqueles casos que requiren unha solución inmediata e nas ques o tempo é un factor determinante para o prognóstico futuro do paciente, o número mantense estable. Así, no ano 2019 resolvéronse 3.144, e no ano 2021, 3.046, incluso menos que previo a pandemia, incluíndo tamén por suposto os meses do verán nesta contabilización, tanto para un ano como para o outro.

Á vista dos datos obxectivos, García Comesaña confirmoulle ás alcaldesas que a prestación do servizo de urxencias e emerxencias que se presta na comarca é a adecuada e está correctamente dimensionada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *