Sanitarios e axentes tentan reanimar á víctima na praia de A Tella.

Unha muller salvouse de morrer afogada o pasado 17 agosto na praia da Tella, en Domaio, grazas á rápida intervención de dous policías locais de Moaña. Por este motivo, a Asociación «Unión Galega de Policías Locais de Galicia» enviou unha carta a estes dous axentes, o Oficial 153021 e o Policía 153033, felicitándolles pola súa profesionalidade e o seu compromiso coa cidadanía ao actuar con rapidez e eficacia neste caso. Ademais, pide realizar as xestións oportunas para que sexan distinguidos pola súa actuación.

O incidente ocorreu sobre as 17:15 horas do 17 de agosto. A patrulla recibiu unha chamada por parte do CIAE 112 Galicia alertando dunha persoa que se estaba afogando na praia da Tella, en Domaio. Trasládanse de urxencia ao devandito lugar comprobando á súa chegada como un home estaba a retirar da auga a unha muller inconsciente e outra muller que lle estaba axudando e atendendo á vítima. De inmediato ao tratarse dunha persoa sen pulso iniciaron as manobras de RCP e conectaron o desfibrilador. Minutos despois a vítima vomitou e expulsou a auga que permanecía no seu aparello respiratorio. Máis tarde chegaron os técnicos e facultativos médicos do 061 que se fixeron cargo da vítima trasladándoa á Clínica Povisa de Vigo.

Segundo manifestacións dos servizos sanitarios, a rapidez na toma de decisión ao facer as manobras de reanimación cardiopulmonar, resultou vital para manter á persoa con vida.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *