A Xunta recibiu un total de 16 ofertas de empresas para executar as obras de demolición da estrutura edificatoria sen rematar, sita no Camiño Real, na contorna da Praia de Lapamán, no Concello de Marín. A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) licitou estes traballos cun importe de
182.827€.

Con esta licitación, a Xunta procede ás actuacións necesarias para executar subsidiariamente a orde de demolición ditada pola APLU, tras non ter executado o propietario o derribo, tal e como se tiña notificado. Deste xeito procederase á demolición o antes posible e repercutirase o seu custe ao propietario.

A Xunta amosa o firme compromiso co seu deber de recuperar o territorio especialmente protexido, como exemplifica esta obra sen rematar erixida sobre a zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, xerando un forte impacto sobre a paisaxe.

Cómpre lembrar que desde a Administración autonómica se impuxeron varias multas coercitivas ao propietario para que executase a demolición, pero non o fixo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *