Traballo na Confrafía de Pescadores de Cangas.

O pósito consolídase como referente cunha facturación de 4,6 millones de euros, unha campaña récord de vieira e a súa participación activa nos proxectos científicos de Redemar

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, puxo hoxe en valor a xestión da confraría de Cangas, que cunha facturación de case 4,6 millóns de euros e 279 toneladas producidas en 2025, sitúase como un referente de eficiencia en Galicia.

Un modelo sustentado na diversificación produtiva e en apostas innovadoras como a venda directa e a elaboración de conservas propias. Este espírito de vangarda esténdese ao ámbito científico, onde o pósito colabora na rede Redemar a través de proxectos estratéxicos como Algasdet, para a detección de algas invasoras mediante ADN, RIFA, que estuda a inmunidade da ameixa rubia fronte ao cambio climático e Algaprox, centrado no manexo de macroalgas.

A directora xeral de
Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, co xerente da Confraría no interior da lonxa.

Ángeles V. Suárez tamén subliñou a excelente evolución da campaña da vieira, que con máis de 16 toneladas e 99.000 euros recadados, encamiñase a bater as mellores cifras desde que ha rexistros froito dunha aposta pola explotación sostible deste importante recurso mariño.

Para soster este crecemento e modernización, a Xunta mantén un firme apoio económico a través das diferentes liñas de axudas autonómicas. Así, a responsable autonómica explico que foron máis de 250.000 euros os xa investidos desde 2023 en infraestruturas clave como a nova fábrica de xeo, o centro de estabulación ou a mellora enerxética da rula.

Por outra banda, o pósito solicitou 138.000 euros en novas actuacións actualmente en fase de avaliación para a mellora hixiénico-sanitaria da lonxa ao abeiro da orde de axudas para equipamentos portuarios cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (Fempa).

A Consellería do Mar tamén reforza a capacidade produtiva do marisqueo local coa entrega esta semana de 100.000 unidades de semente de ameixa xaponesa procedentes do Centro de Investigacións Mariñas de Galicia en Ribadeo. Estes exemplares serán preengordados na batea experimental da propia confraría, aproveitando a súa capacidade técnica para asegurar unha maior supervivencia antes da súa sementeira definitiva nos bancos da ría.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *