Marta Freire, Aldán Santamarina, o ilustrador Luis Davila e a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, coa viñeta nas mans.

A viñeta do debuxante Luis Davila que ilustrará as cuncas que levará de premio o alumnado de Primaria dos centros de ensino de Moaña que participen no reto dos 21 días en galego xa é pública. Participan 450 nenos e nenas de 3º a 6º de Primaria e 300 rapazas e rapaces dos institutos da localidade.

O alumnado de secundaria terá de premio un concerto do grupo Boyanka Kostova o día 24 de febreiro pola mañá.

Viñeta que levará a cunca.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *