Convocados polas plataformas en defensa da sanidade de Cangas e Moaña (A Voz da Sanidade e SOS Sanidade Pública), miles de cidadáns de ambos os municipios saíron esta mañá á rúa para reclamar á consellería melloras na Atención Primaria e de Emerxencias da comarca. Ambas as marchas partiron dos seus respectivos centros de saúde e discurriron polo Camiño Real para unirse nun manifesto conxunto na chaira do Lidl, na zona de Vilela. Durante o transcurso das protestas, escoitáronse cánticos protesta dirixidos á Xunta. Nas cabeceiras, as alcaldesas de Cangas e Moaña, Victoria Portas e Leticia Santos, ademais de concelleiros de ambos os gobernos locais e dos partidos da esquerda. No caso de Moaña tamén asistiron concelleiros do PP.
Unha das reclamacións máis importantes pasa pola necesidade dunha ambulancia de reforzo do 061 para dar servizo aos municipios de Cangas e Moaña. Tamén e o regreso das urxencias do PAC de Cangas ao de Moaña, a falta de medios técnicos súmase a de profesionais sanitarios, principalmente de medicina, para cubrir as consultas ordinarias de Atención Primaria o que está a provocar que miles de habitantes carezan do dereito esencial a ter asignada unha médica de familia. Por este motivo, hai moitos pacientes aos que non se lle está a facer, entre outros aspectos, un seguimento axeitado das patoloxías crónicas, o que provoca un deterioro da súa saúde e mingua a súa esperanza de vida.
A cuarta carencia primorcial que puxeron de manifesto e a de profesionais sanitarios, que optan por marchar a outras zonas xeográficas pese a se teren formado nesta área sanitaria polas malas concidións de traballo.