A alcaldesa, Leticia Santos, mostra a súa sorpresa polo comunicado da Subdelegación e lémbralle que o Concello fixo tódolos trámites oficiais para a solicitude de reforzos que sí tiveron o venres e non o resto da fin de semana
A Subdelegación do Goberno responde á polémica sobre a falta de reforzos da pasada fin de semana en Moaña cando se produciron numerosos actos violentos e agresións no paseo marítimo mentres máis de mil persoas concentrábanse facendo botellón. «Lembramos a necesidade dos Concellos de convocar unha Xunta Local de Seguridade cando se teñen programados festexos de certa magnitude, como poden ser as festas do Carme de Moaña -que este Concello decidiu levar a cabo a pesar de que outras moitas localidades da provincia cancelaran todos os eventos relacionados coa mesma-«.
Engaden que as Xuntas Locais de Seguridade «son os órganos colexiados previstos para facilitar a cooperación e a coordinación, no ámbito territorial do municipio, das Administracións Públicas en materia de seguridade. Nestas, os Concellos deben informar pormenorizadamente dos festexos previstos -actos, horarios, aforos-, así como facilitar os seus respectivos plans de seguridade, cumprindo asimismo coa normativa autonómica vixente en materia de control da crise sanitaria, para así poder asegurar de forma efectiva a cooperación e a coordinación operativa das Forzas e Corpos de Seguridade que interveñen no termo municipal».
Concretamente, en alusión ao Concello de Moaña, manifestan que «a solicitude de reforzo non ofrece nin garante a información que precisan as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para poder facer as estimacións e previsións necesarias en materia de seguridade cidadá na provincia. No caso de Moaña, so se recibiu tres días antes unha comunicación na que se indicaba exclusivamente a data de ditas festas patronais, que contarían con verbena, e se solicitaba axuda ao non ter o Concello suficientes efectivos para garantir a seguridade nos festexos».
Un escrito recibido o 16 de xulio
Con todo, este requisito de que os concellos convoquen a Xunta Local de Seguridade para poder contar cun reforzo da Garda Civil non foi trasladado a Moaña. Segundo informa a alcaldesa, Leticia Santos, que mostra a súa sorpresa ante esta resposta da Subdelegación e o ataque ao Concello, o 16 de xullo, día festivo en localidade, recibiuse un comunicado xenérico da Subdelegación emitido a todos os consistorios e asinado pola subdelegada en accidental, María Isabel Alonso de Liñaxe Calzada, no que esta condición reflíctese como recomendación a futuro. «En todo caso, de cara ao futuro, o foro idóneo onde planificar estas grandes citas e eventos municipais han de ser as Xuntas locais de seguridade, onde as sinerxías derivadas do traballo conxunto dos distintos corpos policiais e de protección civil fan acadar, sen dúbida, os mellores resultados», recoge el comunicado.
Santos lembra que a propia noite do 16 de xullo ao 17 de xullo a Policía Local si contou coa colaboración da Garda Civil e, por tanto, deuse aceptada esa demanda de reforzos. Con todo, non continuou o sábado e o domingo. Unha solicitude que, por outra banda, xa se fixo chegar verbalmente aos mandos da Benemérita o 12 de xullo e que un día máis tarde materializouse oficialmente, por seguridade, polo xefe da Policía Local de Moaña á Subdelegación e ao que Morrazo Noticias tivo acceso desde o día de onte.
En canto á autorización por parte do Concello para celebrar as festas, a rexedora lembra non están organizadas polo consistorio e que se cumpren coa normativa vixente non poden prohibilas ou, pola contra, incorrerían nun delito.