A basura esta mañá no paseo marítimo.

Axentes veteranos consideran que o que pasou esta noite en Moaña non o viran nunca na localidade ata pasadas as 8 desta mañá. Defíneno como un «caos». E é que segundo informa a Policía Local, esta madrugada producíronse numerosas pelexas entre mozas, houbo actos de vandalismo como a rotura dunha lúa dun coche estacionado en Concepción Arenal ou papeleiras tiradas, e tamén hai unha denuncia por agresión co seu correspondente parte de lesións, iso si, leves. Todo iso ocorrido no paseo marítimo, detrás das atraccións montadas con motivo das Festas do Carmen onde se concentraron centenares de persoas facendo botellón. A todo isto hai que sumar o estado en que quedou o paseo pola mañá, cheo de lixo.

Agresión cunha pistola taser

Aínda que non está recollido dunha forma oficial, tamén se comentou a agresión dunha persoa a outra cunha pistola taser. Testemuñas contan a través de redes sociais que en principio pensaron que se trataba dunha lanterna pero despois comprobaron de que era unha arma. «Esta madrugada , despois de dispersar a policía aos rapaces, só coa súa presenza, á media hora como era de esperar volvían xuntarse todos, só que esta vez o que parecía un pique entre rapaces púidose converter nunha desgraza. Un rapaz saco unha Tasser contra outro, todos os que estabamos alí quedámonos xeados», relatan nunha rede social unha das comerciantes que nese momento estaban pechando o seu posto e coa que Morrazo Noticias conseguiu poñerse en contacto. «Saíu correndo e o agresor detrás del, sé que lle rozou porque o agredido deu un salto e pego un berro, pero non o pillou de cheo, porque se lle dá ben o deixa para ambulancia», relatou.

Lúa do coche rota.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *