Os que queiran desfrutar deste deporte terán unha oportunidade única de ver a saída da etapa Marín-A Estrada. Tamén están convidados a participar os centros educativos. Poderase acceder ao recinto a partir das 12.00, sendo a saída ás 13.30 horas
Marín será escenario da segunda etapa da Volta O Gran Camiño, unha cita imprescindible para os amantes do ciclismo, herdeira da Volta Ciclista a Galicia, e que pasará pola nosa vila, A Estrada, O Pereiro, Ourense, Pobra do Broullón, Betanzos, O Cebreiro e Santiago.
Cerca de 200 corredores participarán da proba, que na nosa vila sairá o próximo xoves ás 12.30 horas desde o interior da Escola Naval Militar, que estará aberta a toda a cidadanía para que poidan desfrutar do pistoletazo de saída do pelotón.
Desde o Concello de Marín, animan a toda a veciñanza a participar dun evento que nos pon no mapa do deporte e do turismo e do que tamén se fai partícipe á comunidade educativa, convidando ao alumnado de 1º e 2º da ESO dos colexios marinenses.
Tal e como indican desde a organización, ás 12.30 horas comezará a presentación dos equipos e o control de fi rmas e ás 13.30 será cando os ciclistas arranquen a segunda etapa dunha proba internacional, incluida a Unión Ciclista Internacional e retransmitida en directo todos os días a través de EuroSport, Teledeporte e á
TVG, chegando a máis de 170 países, segundo os datos da edición do ano pasado. Polo tanto, a apertura cara o público será a partir das 12.00 horas.