Moaña acollerá do 20 ao 22 de abril as «Xornadas arredor do 25 de abril», unha iniciativa da Asociación Cultural Irmandade do Dolme nas que colabora o Concello moañés. O primeiro día, o 20 de abril, proxectarase o documental «Oos Galegos en Lisboa» do cineasta Xan Leira. Un acto que se celebrará no salón de plenos do consistorio ás 20:00 horas no que intervirá Luís Chapela Bermúdez.
O 21 de abril haberá unha homenaxe ao Premio Nóvel de Literatura, José Saramago, polos 100 anos do seu nacemento. A charla será impartida por José Vieira tamén no salón plenario.
E como colofón deste recordo á Revolución dos Caraveis que tivo lugar en Portugal o 25 de abril de 1974, homenaxe ao músico, poeta e cantautor «José Alfonso» coa actuación do grupo «De nao saber o que me espera» no Adro da Peregrina, en O Latón (Meira) ás 20:00 horas. Un acto que se dedicará a Samuel García ‘ Samu’, un mozo recentemente falecido e que estaba moi implicado na actividade cultural do barrio. Está previsto que o concelleiro de Mocidade, Xosé Daniel Costas, mencione unhas palabras no seu recordo.