O Concello de Moaña, dende a área de Mocidade, pon en marcha un curso de esgrima Histórica ou Esgrima Antiga para a rapazada de 12 a 17 anos. Terá lugar o próximo 11 de decembro de 10:00 a 13 horas. O obxetivo é aprender conceptos básicos de esgrima antiga e, ao mesmo tempo, vivir en primeira persoa como era a sociedade medival. A importancia das espadas na sociedade, o estatus, a necesidade e a importancia destes instrumentos… serán algúns dos elementos que os alumn@s coñecer durante as tres horas do curso.
En primeiro lugar farase unha explicación didáctica e poderán xogar de forma totalmete segura con estas ferrementas. A actividades levarase a cabo coa colaboración entre SVEA (Sala de Esgrima Antiga), da man do seu director técnico, Damián Troncoso, e xunto co Proxecto Cabaleiro Errante, do actor e director Aldán López.
Se hai adultos interesados nesta actividade, tamén poden anotarse e asistir. Creando un grupo mínimo ofertarase unha aula para persoas de maior idade.