É un taller bilateral de intercambio de coñecementos para dar unha resposta máis rápida á cidadanía e facelo de forma máis segura ante un incidente grave
Agentes de la Policía Local de Cangas participaron onte á tardiña nun curso de Soporte Vital Básico e Manexo de Desfibrilador. Adestráronse na realización de reanimación de alta calidade, resolución de atragoamentos e técnicas pediátricas.
A acción formativa forma parte dunha colaboración entre a Policía Local de Cangas e a Asociación FORSAGAL, na que os axentes reciben formación en emerxencias sanitarias e os profesionais sanitarios en defensa persoal e autoprotección ante agresións. Esta segunda parte terá lugar nunha nova sesión que se desarrollará nos vindeiros días.
É a primeira vez que se realiza un curso destas características no que se produce un intercambio de coñecementos e que, aínda que xa estaba programado con anterioridade, está máis de actualidade que nunca porque permitirá dar resposta a situacións complexas provocadas por agresións e pelexas como as ocorridas nos últimos meses na zona de lecer nocturno de Cangas.