A Policía Local retirando un dos vehículos abandoados.

De momento, sete foron retirados polos seus particulares ao notificarlle que xa non podían seguir estacionados na vía e outros 5, que se atopaban en estado ruinoso, destináronse a residuo urbano

A Policía Local de Marín está a levar a cabo unha campaña para a eliminación de vehículos abandonados que están estacionados na vía pública, xerando un problema nos aparcadoiros públicos gratuítos, ao invalidar prazas pensadas para o uso, desfrute e rotación de toda a cidadanía.

Os axentes da Policía Local acudiron este venres ao aparcadoiro público de Sagrada Familia, de onde retiraron un turismo que presentaba signos de abandono, rotura de ventás e as rodas pinchadas. Este vehículo súmase á lista de 12 coches retirados nos últimos días, algúns polos propios particulares unha vez foron notificados e outros 5 que pasaron directamente a converter en residuo urbano, un servizo que se ofrece en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

Estes turismos detectados estaban en distintos aparcadoiros públicos municipais do centro urbano, como Ponte Zapal, República Arxentina, na Barriada de Suboficiales ou en Jaime Janer, así como na Avenida de Ourense.

Desde o Concello, lembran que este tipo de infracción supón o pago da correspondente multa, así como da grúa e da estancia no depósito nos casos no que o vehículo non se destrúe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *