Os concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, xunto con representantes do Club Deportivo Pinarium de Santomé, presentaron esta mañá a XIII Carreira Reto Pinga Pinga, que se celebrará o 7 de outubro a partir das 16.00 horas.
Este ano, a homenaxe será para Javier Gómez Noya, seguindo cos atletas olímpicos que nos últimos anos recibiron esta mención honorífica no evento. Noya ten unha traxectoria envexable, sendo 5 veces campión mundial de triatlón, medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres, 4 veces campión de Europa… Como novidade, haberá unha carreira por equipos mixtos de 6 participantes como mínimo, na que punturarán os catro mellores. E tamén haberá cronoescalada, con premios para os mellores tempos en subir á fonte que lle dá nome ao evento.
A clásica andaina tamén volverá ser protagonista, saíndo a partir do inicio do evento e con dúas modalidades, de 5 e de 10 quilómetros. Desde a organización esperan que, coma sempre, o evento teña gran afluencia, especialmente de nenos e nenas, e lembran que hoxe será o último día para as inscricións, a través de www.carreirasgalegas.com