A concelleira e o mago durante a reunión.

A concelleira de Cultura e o Mago Paco, promotor do Festival Internacional de Maxia infantil de Marín, reuníronse esta mañá para pechar os pormenores da nova edición

O Festival Internacional de Maxia Infantil de Marín volverá á vila do 17 al 19 de setembro. A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, e o Mago Paco, o promotor deste evento, mantiveron esta mañá unha reunión de coordinación do festival que, se a climatoloxía o permite, se desenvolverá na Alameda Rosalía de Castro. O venres, 17 de setembro, ás 20.00 horas, actuará o mago Christian Miró.

O sábado 18 será o turno da personaxe de “Tin”, de Dani García, tamén ás 20.00 horas.

Finalmente, o domingo, mantendo o mesmo horario, celebrarase a Gala, Internacional de Maxia Infantil, pero desta vez na Finca de Briz.

A gala contará coa participación de Christian Miró, Don Gelati, Mago Rada, Javi
Rufo e Josemari Alcázar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *