A reunión hoxe dos rexidores co comité de empresa de Urbaser.

En principio, se Urbaser acéptao nas negociacións que se están levando xa a cabo, a partir do 1 de novembro esta empresa seguirá recollendo o lixo ata que a Mancomunidade teña preparada a xestión pública. Espérase que sexa para principios de ano

Os 28 traballadores de Urbaser para a recollida do lixo en Cangas, Moaña e Bueu pasarán a ser empregados da Mancomunidade «con plenas garantías», comprometeuse a presidenta, Leticia Santos, na reunión mantida esta mañá co comité de empresa. «Os seus postos de traballo non están en perigo», reafirmouse.

Os representantes dos traballadores trasladaron aos tres rexedores os problemas e necesidades do persoal neste momento e a propia xerente recolleu os seus teléfonos para poder ter contacto directo con eles.

Creación dunha comisión de traballo

Posteriormente, tocou a quenda aos técnicos da Mancomunidade, que acordaron cos rexedores crear unha comisión de traballo que prepare o paso da xestión indirecta da recollida do lixo á directa que se pretende instaurar previsiblemente a partir de principios de 2022. Mentres tanto, indica Santos, se Urbaser así o acepta, seguirá recollendo o lixo ata que a administración do servizo sexa pública.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *