A estrada, que parte do Toural, conta xa cunha senda para peóns, elementos de calmado do tráfico, sinalización horizontal de velocidade e adoquinado dalgún entorno
O humanización do vial do Toural a O Picho entra na súa fase final co acondicionamento das cunetas, recubrindoas nalgúns tramos de pedra rústica para facilitar a canalización das augas pluviais fora do asfalto e co acondicionamento do acceso ás fincas. O Concello destinou a estas tarefas unha partida de 10.000 euros, que permitiron tamén dotar de pavimento compactado un tramo de 525 metros, así como a colocación de 12 balizas cunha visibilidade de 360 grados para mellorar a seguridade da circulación. Estas melloras perfeccionan unha obra da que xa levan meses gozando os veciños desta contorna e que convertiu unha estreita e insegura estrada interior nun vial coa velocidade delimitada a 30 kilómetros por hora, con aceras nos tramos nos que o ancho o permitiu, adoquinado dalgúns entornos e sobre todo, a corrección de perigos nalgunha curva. Deste xeito o vial conta agora cunha senda perfectamente delimitada e visible.
A reforma integral deste vial confirma a aposta do Concello de Vilaboa de converter a zona de O Toural no núcleo de centralidade, xa que concentra todos os servizos administrativos, sanitarios e educativos e acollerá tamén o futuro tanatorio que impulsan os comuneiros. Estas últimas melloras completan o proxecto executado e no contou cun orzamento de 83.256,68 euros, que permitiu renovar o firme e incluir elementos de humanización en todo o trazado.
O alcalde de Vilaboa, César Poza, destaca que o futuro do municipio pasa polo desenvolvemento dun área industrial e a aposta por chan residencial partindo dun núcleo central que é O Toural. «A mellora deste camiño está enmarcada nese ambicioso proxecto», destacou, pois «O Toural ten que ter unha rede viaria en condicións, que facilite o tráfico rodado pero sen esquecer aos veciños». «Vai ser o noso núcleo de referencia e iso ten que apreciarse tamén na estética, por iso esta actuación presta atención a diversos elementos humanizadores da contorna», engadiu.
A mellora do vial do Picho, aproveitada polo Concello para a restauración de varios
elementos patrimoniais, simboliza o proxecto global de César Poza para o municipio no
que a materia de seguridade vial se refire. “Ainda que a nosa rede viaria é moi extensa
a nosa intención é ir actuando nesta liña de gañar seguridade para os peóns,
introducindo elementos de calmado de tráfico, e apostando polo adoquinado naquelas
zonas que maior concentración de vivendas”.