Reunión do goberno local coa hostalaría de Vilaboa en novembro.

O diñeiro abonarase antes de final deste ano e, en total, repartiranse 25.000 euros en subvencións directas

Vilaboa repartirá antes de final deste ano 25.000 euros en axudas directas á hostalaría, unha partida xestionada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra que reforzará o apoio da administración local ao sector.

Autónomos e pequenas empresas con ata 10 traballadores poderán solicitar a través da sede electrónica ou presencialmente no Rexistro municipal a concesión desta axuda que poderá alcanzar ata o 1.500 euros para cada establecemento beneficiario que cumpla os requisitos esixidos, entre os que destacar ter permanecido pechado nalgún momentos por mor das restriccións derivadas da pandemia ou contar coa perceptiva licencia municipal para exercer a actividade.

Os solicitantes, que teñen as bases reguladoras desta subvención e máis o modelo de solicitude da mesma á súa disposición na web do Concello, deberán xustificar o importe da axuda mediante facturas abonadas a través de transferencia bancaria.

Algúns dos conceptos que cubre esta axuda son os gastos de suministros como auga, luz ou saneamento; os salarios do persoal contratado en plantilla; facturas de proveedores ou gastos financieiros derivados do exercicio da actividade. O cobro desta axuda conleva a obrigatoriedade de manter o establecemento hostaleiro aberto durante os vindeiros 12 meses.

As persoas interesadas en percibir esta subvención directa disporá de 20 días naturais para tramitala a contar desde a publicación da convocatoria do Boletín Oficial da Provincia, prevista para a vindeira semana.

César Poza, alcalde de Vilaboa, mantivo esta semana unha reunión cos propietarios de restaurantes e cafeterías do municipio para explicarlles con detalle o contido desta convocatoria e consensuar co sector outro tipo de campañas nas que o goberno local está a traballar para dinamizar o consumo na hostalaría nestes dous últimos meses do ano. Na xuntanza, na que Poza estivo acompañado polos concelleiros de Turismo, Brais Sánchez, e de Promoción Económica, Carmen Gallego, o alcalde animou ao sector a traballar conxuntamente para fortalecer o sector turístico de Vilaboa e convertilo nun referente na contorna.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *