As perforacións no tronco do eucalipto do atrio de San Benito.

A Garda Civil non atopou ningún signo de que as árbores centenarias de Domaio (atrio de San Benito), un eucalipto, e de Meira (atrio de Samertolameu), un bananeiro, fosen envelenados. Por este motivo, decidiron arquivar a investigación que iniciaron de oficio tras as queixas veciñais que alertaban de que a súa morte podería estar provocada polo home. Aínda que, explican desde a Benemérita, é evidente que ambos os exemplares tiñan perforacións con broca de distintos tamaños non apreciaron ningún delito. «O Seprona non puido dirimir que se utilizase algún tipo de fitosanitario», precisan. Tamén especifican que ningún das dúas árbores son especies protexidas nin están incluídos en ningún catálogo específico para a súa protección.

En calquera caso, engaden, se alguén puxese algunha denuncia a súa tramitación sería únicamente por danos á madeira.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *