As concelleiras Coral Ríos e Dolores Chapela coa organización da Feira na presentación do evento.

A mostra de produtos ecolóxicos, artesáns e de agricultura sostible de Moaña, Feira EcoArtesá, regresa un ano máis ao centro urbano do municipio. Será o domingo o 8 de maio de 11:00 a 21:00 horas na contorna do palco da música. Unha xornada na que haberá música, baile para adultos e para nenos e obradoiros, que levarán a cabo de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas para a elaboración dos maios e no que participarán os alumnos do Obradoiro Moaña Moza II.

Ás 12:30 horas o grupo folclórico Charaviscas actuará fronte á praza de abastos, que permanecerá aberta para garantir os servizos de baño e de luz e auga ao medio centenar de postos confirmados. O grupo de Domaio ofrecerá música e baile tradicional a todos os presentes.

Ás 18:00 horas a quenda será do músico Brais das Hortas e os protagonistas serán os nenos cun concerto de música infantil. A continuación, ás 19:30 horas, o grupo de acordeóns Argonat Band animará a velada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *