Uno de los platos de esta empresa en los centros de Moaña.

A Federación de Anpas Ardo dá Vella de Moaña convoca unha concentración mañá xoves no parque da Xunqueira, fronte aos colexios de Seara e Reibón, para «dar visibilidade ao malestar e a desesperación de moitas nais e pais ante a falta de respostas e solucións ao problema» da comida que cada día ofrece a empresa de cátering nos colexios do municipio.

«Vémonos na necesidade de esixir unha corrección inmediata por parte da concesionaria e a toma das accións necesarias por porte da Consellería de Educación para corrixir de forma urxente a deterioración estrepitosa da calidade da alimentación que están a recibir os alumnos usuarios dos comedores escolares dos centros públicos de Moaña nas últimas semanas», explican.

Segundo informan, na protesta estarán representadas todas as Anpas dos dentros de educación infantil e primaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *