O futuro aparcadoiro de Domaio.

A Xunta recibiu 13 ofertas de empresas para executar o aparcadoiro disuasorio para o fomento do vehículo compartido, asociado á implantación de zonas de baixas emisións na estrada PO-551, en Domaio, Moaña, que suporá un investimento de 877.627 euros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé comezar en verán as obras deste aparcadoiro nas proximidades do enlace de Rande, como prolongación do xa existente na marxe dereita da estrada autonómica, no punto quilométrico 33+250.

O aparcadoiro contará cun total de 75 prazas, 2 delas para vehículos conducidos por persoas con mobilidade reducida, e preinstalación de 3 puntos de recarga para vehículos eléctricos. Disporá, ademais, de carrís de circulación interior dun só sentido e unha banda perimetral de itinerario peonil.

A actuación forma parte dos proxectos promovidos pola Xunta ao abeiro dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation UE no impulso da transformación da mobilidade nas contornas urbanas, apostando por desprazamentos máis limpos e sostibles.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *