Ambulancias do 061 ás portas do centro de saúde de Cangas.

Nunha semana falecen tres moañeses de 44, 66 e 80 anos sen que que haxa ambulancias do 061 dispoñibles para realizar unha axeitada atencion urxente

A falta dunha ambulancia de reforzo na comarca do Morrazo, sumado ao peche do PAC de Moaña, están a provocar, segundo os propios profesionais sanitarios e os feitos acontecidos nos últimos días, un problema de saúde que podería denominarse «de vida ou morte». Ao ocorrido a principios da semana pasada en O Latón (Meira), onde un home de 44 anos faleceu por un infarto sen recibir atención médica, súmase o sucedido na tarde de onte tamén en Moaña. Segundo o parte do sucedido, a médica do PAC de Cangas tardou media hora en chegar a Samertolameu onde unha veciña de O Real morreu presuntamente por atragoamento no interior dun vehículo. O 061 enviu un taxi ante a falta de ambulancias pero o persoal do PAC solicitou axuda a Protección Civil, que chegou minutos antes que a taxista. Á súa chegada, C.P.M., aínda que recibiu asistencia dos técnicos do 061 da ambulancia de Moaña, xa falecera.

Pero esta situación onte foi dobre. Horas máis tarde do ocorrido en Samertolameu, outra persoa morreu tras sufrir unha parada cardiorespiratoria en Tirán onde volve ser Protección Civil quen chegou antes que o taxi a petición da médica do PAC, e, novamente, acuden á vivenda vinte minutos máis tarde da alerta.

En ambos casos, se houbese ambulancia dispoñible en Cangas, a axuda médica chegaria en menos de 10 minutos, o que ofrece máis posibilidades aos pacientes de continuar con vida.

Nunha semana falecen tres moañeses de 44, 66 e 80 anos sen que que haxa ambulancias do 061 dispoñibles para realizar unha axeitada atencion urxente. O 061, explican os propios profesionais, continua coa negativa por escrito a facilitar os datos sobre a asistencia sanitaria no Morrazo que xustifican a necesidade dunha nova ambulancia solicitados pola CIG e polas tres alcaldias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *