Realizarase un almorzo informativo para as empresas interesadas o 23 de outubro no Museo Municipal Manuel Torres
A dixitalización das empresas é unha realidade da que ningún actor relevante da economía local pode obviar. Por iso, ofrecer formacións, ferramentas de éxito e espazos de traballo colaborativo entre empresas para fomentar este proceso é clave para mellorar o tecido dos concellos.
Nesa liña traballa a Concellaría de Promoción Económica de Marín, que ofrecerá o programa DIGALICIA, unha iniciativa totalmente gratuíta dirixida a directivos, financeiros, persoal comercial ou de dirección de PEMES e otras empresas.
Entre os módulos do programa, tocaranse temas como os que siguen:
● A empresa na economía dixital: análises das tendencias actuais e cambios que impactan nos mercados
● Transformación da experiencia de cliente: deseñar estrategias centradas no cliente do entorno dixital
● Xestión do cambio: dada a constante evolución dos universos dixitais,
especialmente no que respecta á xeración de negocio e captación da clientela
● Casos de usos sectoriais: analizando casos específicos que poidan servir de exemplo en distintos sectores, con diferentes retos e necesidades
● Habilitación tecnolóxica da transformación: explorando distintas tecnoloxías emerxentes aplicadas para mellorar procesos
Serán 140 horas de formación absolutamente gratuíta que incluirá charlas profesionais e espazos de networking, así como asesoramento personalizado, con sesións de mentorización individual ou grupos reducidos.
As empresas que estean interesadas no programa deberán contar cun mínimo de 10 traballadores en plantilla.
Almorzo informativo sobre o plan e inscricións
Con fin de presentar o programa e resolver dúbidas sobre o mesmo, organizarase un almorzo informativo o 23 de outubro, no Museo Municipal Manuel Torres, onde se plantexarán as bondades do curso.
Para asistir, será preciso contactar co Concello a través do mail aedlmarin@concellodemarin.es