Juncal a súa chegada á Deputación co presidente Luis López.

O presidente mantivo unha reunión con Félix Juncal na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron os investimentos provinciais no concello, que rolda o millón de euros e que supoñen 150.000€ máis que en 2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, adiantou ao alcalde de Bueu, Félix Juncal, un apoio de 460.000 euros para a ampliación da rede de abastecemento e saneamento na zona de Bon de Abaixo e outra axuda de 80.000 euros para a pavimentación do camiño IVBE-111 en Beluso. Axudas que serán aprobadas este venres na Xunta de Goberno como unha mostra da aposta investidora do goberno provincial neste municipio. Nunha reunión de traballo mantida este xoves no despacho presidencial entre ambos os dous dirixentes, o presidente repasou os investimentos que o organismo provincial ten previstos para este ano neste Concello, que superan o millón de euros e supoñen un incremento de 150.000 con respecto á achega do ano anterior.

A Deputación colabora co Concello de Bueu a través de programas como o +Provincia. Con respecto á liña 1 de investimentos deste programa, a Deputación ten reservados 652.000 euros, para a lila 2 de gasto corrente, 77.300 euros; para a liña 3, de apoio ao emprego, 178.900 euros e na novidosa liña 4 de redacción de proxectos transformadores, 23.300 euros. Ademais das subvencións que se aprobarán este venres, o Concello de Bueu conta xa coa aprobación dos fondos da liña de emprego, cos que contratará a 13 persoas.

Por outro lado, o apoio da Deputación co Concello de Bueu reflíctese tamén na achega de 66.500 euros para o Servizo de Axuda no Fogar ou os 12.800 euros da Axuda Básica de Emerxencia.

Nunha reunión marcada por un clima de cordialidade e vontade de entendemento, ambos os dous mandatarios repasaron asuntos de interese mutuo e outras proxectos de futuro no que ambas institucións poderían colaborar. É o caso da tramitación da axuda correspondente ao Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, a través do cal Bueu percibirá 80.000 euros. “A Deputación é municipalista e así o reflexamos con todos os fondos que transferimos aos concellos”, declarou Luis López despois do encontro con rexedor de Bueu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *