Traballos de soterramento da liña de fenosa no mercado de Cantodarea.

Fenosa remata coas obras derenovación da liña de media tensión, paso previo para poder realizar o derrube do edificio

A demolición do Mercado de Cantodarea é unha das obras que o Concello ten entre mans, para poder mellorar esta zona do barrio pesqueiro, que se atopaba infrautilizada ao ter un inmoble antigo que está nunha situación ruinosa. Mais a propia demolición en si precisaba dunha actuación previa: a retirada do cable existente na actualidade de media tensión, que vai desde Safricope ata Estribela, atravesando o Mercado, para crear unha nova canalización subterránea cunha nova liña de 321 metros.

Esta obra, de enorme complexidade técnica, vén de ser rematada polo Grupo Naturgy, que realizou unha versión de 101.417 euros, para poder retirar e colocar a nova liña, que vai desde o muelle pesqueiro ata arriba, atravesando a Fonte do Leste, Concepción Arenal, a Praza do Regueiro, a Avenida de Ourense e a Avenida de Marín.

Para iso, foi preciso contar cos informes favorables do Concello, a Consellería de Cultura, Turismo e Patrimonio (por ser zona ZACA), a Consellería de Infraestructuras e Mobilidade, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), o Ministerio de Fomento e a Autoridade Portuaria.
Tal e como informaron desde a empresa, esta obra xa está rematada e, polo tanto, pode procederse á demolición do antigo mercado de Cantodarea. Desde o Concello explican que a demora nos traballos previos fai preciso que o proxecto de demolición se adecúe á nova realidade de prezos deste mes (xa que estamos a pasar por un período inflacionista que eleva os prezos en poco tempo) para así poder iniciar de novo a contratación da demolición.

Para o futuro, desde o Goberno local apostan pola creación dunha zona verde e de esparexemento para a veciñanza, que poida así desfrutar desta contorna no seu barrio, intentando integrar nel os usos que se pidan, escoitando as súas demandas e necesidades.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *