A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este luns sendas xuntanzas de traballo coas alcaldesas de Cangas, Araceli Gestido, e Moaña, Leticia Santos, dentro das reunións previstas con todos os rexedores da área.
A representante autonómica, que tomou posesión do cargo o 20 de xuño en substitución de Marta Fernández-Tapias, dirixiuse por carta o pasado día 30 a todo os rexedores da área territorial para poñer en común as súas axendas e fixar o antes posible unha xuntanza.
Ademais da cidade de Vigo, o ámbito da área territorial abarca os municipios de Cangas, Moaña, Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela, Nigrán, Baiona, Gondomar,
Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.