Lonja de la Cofradía de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas.

A Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas vén de recibir unha axuda da Consellería do Mar cuxo obxecto é o de axudar a cuestear os gastos de contratación de tres gardapescas marítimos que levaran o control de capturas nos bancos marisqueiros e unha asistencia técnica para a xestión dos plans de pesca do seu ámbito territorial, e material como dispositivos GPS, licenzas e aplicacións para a xestión dos datos.

A axuda outorgada, por importe total de 96.467,50 euros, concedeuse ao abeiro da Orde ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2026, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.Cubre o período 01/07/2026 ao 30/06/2027 e está distribuída en 2 pagamentos, de 48.489’50 € para o ano 2026 e 47.977’50 € para 2027.

O proxecto, identificado co número de expediente PE209P-2026-00035, persegue os obxectivos de reforzar as actividades pesqueiras que sexan económica, social e ambientalmente sustentables para, deste xeito, fomentar unha pesca sustentable e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos.

As actuacións deberá estar executada e xustificada nos períodos seguintes:

3º trimestre de 2026, ata o 30 de novembro de 2026

4º trimestre de 2026, ata o 10/12/2026

1º trimestre de 2027, ata o 30/04/2027.

2º trimestre de 2027 ata o 31 de xullo de 2027.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *