A Consellería do Mar concedeu unha axuda ao proxecto colectivo «Xestión dos recursos da pesca artesanal de Cangas, 2024-2025», presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas, ao abeiro da Orde do 2 de outubro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.
O obxecto destas axudas é o de contribuír a sufragar os custos de contratación dunha bióloga (asistencia técnica) e tres garda pescas marítimos, por parte da confraría de Cangas, durante o período 01/07/2024 ao 30/06/2025. Para este proxecto, obtívose unha axuda de 78.582,60 € (en dúas anualidades, 39.291’30 para cada un dos anos 2024 e 2025) financiada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) nun 70%, e nun 30% pola Xunta de Galicia.