Mercado de Marín.

Depositáronse no Buzón da Oficina de Turismo algo máis de 3.000 tickets, o que supón un bo síntoma de que moitos marinenses escolleron os locais e negocios da vila para facer as súas compras de cara ao Día da Nai. Pode consultarse a listaxe completa de persoas beneficiadas na web municipal

A campaña do sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros que impulsou o Concello de Marín para fomentar a fidelidade no comercio local durante as compras polo Día da Nai volveu ser un éxito, xerando un importante impacto na economía local da vila.

As concelleiras Cristina Acuña e Marián Sanmartín quixeron poñer en valor estes datos, que se puideron analizar unha vez feito o sorteo onte. De xeito concreto, depositáronse máis de 3.000 tickets no Buzón da Oficina de Turismo, que xeraron un importe global de 116.524,39 euros. “Isto é un síntoma moi positivo de que os marinenses seguen apostando pola nosa economía para facer as súas compras e para consumir na hostalaría local durante un mes e tendo en conta que non é das épocas que se dá máis consumo nos fogares”, indica o Goberno local.

Desde o Concello lembran que a listaxe das persoas agraciadas pode consultarse de xeito íntegro na web municipal, aínda que todas será contactadas telefonicamente para ir recoller a súa tarxeta á Oficina de Turismo, entre hoxe e pasado, en horario de 11.30 a 20.30 horas.

As persoas que reciban a súa tarxeta por valor de 50 euros poderán gastala obligatoriamente no comercio local de Marín, con prazo ata o 31 de xuño.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *