A concelleira de Cultura e o arqueólogo de Anta da Moura e Juan Castro, recolleron, xunto coa responsable da Biblioteca Pública Vidal Pazos, a doazón feita por José María Luzón Nogué.

José María Luzón Nogué pediu que a súa retribución por participar como relator nas últimas Xornadas Blanco Freijeiro se investise na dotación de fondos bibliográficos para a vila

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, e o arqueólogo de Anta da Moura, empresa encargada da organización das Xornadas Blanco Freijeiro, Juan Castro, recolleron, xunto coa responsable da Biblioteca Pública Vidal Pazos, a doazón feita por José María Luzón Nogué.

Luzón é director do Museo de Bellas Artes da Real Academia de San Fernando, en Madrid, e foi un dos relatores que participou na última edición das xornadas adicadas á vida e traxectoria de Blanco Freijeiro, que tamén foi nomeado no 2021 fillo predilecto da nosa vila.

O director decidiu non cobrar a súa correspondente participación nestas xornadas, pedíndolle ao departamento de Cultura que investise ese diñeiro nunha doazón para a Biblioteca Pública.

“Non podemos máis que agradecer este xesto”, asegurou a concelleira, “xa que grazas a Luzón aumentamos os nosos fondos bibliográficos con títulos relacionados coa arte, a historia e o patrimonio arqueolóxico, moitos deles relacionados con temáticas que Blanco Freijeiro tratou nas súas investigacións”.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí