Desde as 11:00 e ata as 21:00 horas do próximo domingo 12 de setembro a contorna do palco da música de Moaña acollerá a Feira Ecoartesá, unha mostra de produtos ecolóxicos, artesáns e de agricultura sostible.
Coorganizada polo Concello, ás 12:00 horas haberá obradoiros infantís con Matrácala e media hora despois arrincará sesión vermú con The Lelli Kelly´s. Xa pola tarde, ás 17:00 horas, novamente cita con Matrácala e ás 18:00 horas `A voar´ con Çe Orquestra Pantasma.
Os encargados de poñer o broche de ouro a esta nova edición da Feira serán os compoñentes da Banda de Música Popular de Moaña Airiños do Morrazo cun concerto no palco.