Local de ensaio de Cima de Vila.

A Asociación Veciñal NÓS envía un comunicado para facer público que «o seu asombro e preocupación» ante a negativa da corporación do Concello de Cangas a
permitirlles a utilización do antigo preescolar de Cimadevila (actual local de ensaio) tras 25 anos facéndolo para desenrolar a súa actividade social.

«Nos vintecinco anos de vida desta Asociación sempre contou con espazos para realizar a súa actividade social, no antigo preescolar de Cima de Vila, mesmo cando estaba funcionando como preescolar (coa autorización da Xunta de Galicia). Posteriormente, sendo alcaldesa Dna. Clara Millán, ante as obras de ampliación do daquela “multiusos”, se nos adxudicou un cuarto de documentación de 2,50 m x 3,50 m, mais un espazo amplo para realizar as nosas actividades sociais», recordan.

Aseguran que foi a partir do ano 2020, comenzaron a ter dificultades para utilizar os espazos asinados, chegando ata a actualidade, «onde se pretende que fagamos a nosa actividade social exclusivamente no local da documentación, onde non cabe, nin tan sequera a Xunta Directiva».

Dende esta Asociación, explican, «intentamos cantidade de veces atopar una solución á problemática, poñéndonos a disposición da Corporación Municipal coa intención de chegar aun acordó beneficioso para ámbalas dúas partes, tendo en conta que o propio Regulamento Municipal (BOP no 174 de 11-09-1995, nos seu a artigos 2, 6, 14, especifica claramente o dereito á utilización dos bens, instalación e servizos municipais para favorecer o desenvolvemento das Asociacións para a defensa dos seus intereses colectivos».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *